Tropa Verde Ames realizou varias actividades o pasada sábado!

O pasado sábado 1 de Xullo se realizaron varias activiades da Tropa na Praza do Concello de Ames en Bertamiráns!

2f48cde95f335f739b0ebf7dc2df79d7fec1b819

Acción de rúa con reparto de pequenas plantas: 260 unidades de plantón variado leitugas e repolos, con agasallo de estrelas (cheques), chapas da Tropa Verde Ames e informando das vantaxes que ten formar parte da Tropa Verde.

A “procura do tesouro” foi unha campaña/concurso que a empresa Teimas Desenvolvemento S.L. xunto co Concello de Ames realizou no ámbito do incentivo da reciclaxe. Nesta campaña se ten interacción instantánea co usuario combinando o aspecto do xogo con gañar premios.

O obxectivo non foi outro que dar un paso máis sobre a necesaria tarefa de concienciación cidadá e promoveu o interese dos cidadáns na iniciativa Tropa Verde, que ten como obxectivo mellorar os índices de reciclaxe, rebaixando os custos de xestión de residuos. Se incentiva o cidadán a reciclar mediante recompensas directas por cada boa acción ambiental a través da súa páxina web.

Para participar no presente concurso os participantes acudiron o sábado 1 de Xullo a Praza do Concello de Ames ás 13:15, onde se desenvolveu o xogo.  Onde tiveron que superar un serie de Retos ambientais.

Os premios entregaronse o mesmo día do concurso.

Houbo 3 premios:

- O primeiro premio consistiu nun xogo científico de casa solar (Science4you) + cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropa Verde Ames + cheque Tropa Verde con 10 estrelas 

 - O segundo premio consistiu nun xogo científico de avión (Science4you) + cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropa Verde Ames  + cheque Tropa Verde con 10 estrelas 

 - O terceiro premio consistiu en cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropa Verde Ames  + cheque Tropa Verde con 10 estrelas 

Moitas grazas a todos por participar!!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando