Participación na Semana Europea da Prevención de Residuos

Coa campaña "Búscase xente reciclando"

89dac0562a8d73e29939ae98cf80e7fa1866e4e5
A Semana Europea da Prevención de Residuos EWWR) é unha iniciativa cuxo obxectivo é promover e implantar durante unha semana acciones de sensibilización sobre recursos sustentables e xestión de residuos. Entre os obxectivos que se pretenden está o de sensibilizar e concienciar á sociedade sobre a prevención de residuos, a reutilización de produtos e a reciclaxe de materiais. 

Este ano a Semana celebrouse entre o 18 ao 26 de novembro de 2017 e o lema é “Reutilizar e Reparar. Démosle unha nova vida”.  E Tropa Verde participou cunha acción de viralización nas redes sociais de “Búscase xente reciclando”!!

Para participar no presente concurso os participantes compartiron fotografías nas redes sociais e etiquetaron a Tropa Verde co hashtag #tropaverdereciclaBúscabanse fotografías de boas accións ambientais como por exemplo:

- Entrega de residuos nos colectores adecuados, puntos limpos, minipuntos limpos ou colectores de aceite.
- Actividades de reciclaxe ou reutilización nos fogares.
- Fotografías de participación nalgunha campaña da Tropa Verde ou desfrutando dalgunha das nosas recompensas.

Entre todos os participantes da campaña realizouse un sorteo dunha cámara acuatica deportiva VicTsing Eypro1.


O obxectivo non foi outro que dar un paso máis sobre a necesaria tarefa de concienciacióncidadá e promover o interese dos cidadáns na iniciativa Tropa Verde, que ten comoobxectivo mellorar os índices de reciclaxe, rebaixando os custos de xestión de residuos.Se incentiva o cidadán a reciclar mediante recompensas directas por cada boa acciónambiental a través da súa páxina web.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando