Consegue grandes agasallos coa procura do tesouro da Tropa Verde Ames!

Participa e divírtete cos máis pequenos

Fcbdb529c701213dfb01b4c0367ce6d5c335f6cb

Tropa Verde e o Concello de Ames lanzan un concurso cheo de diversión e grandes tesouros!!

A procura do tesouro coa Tropa Verde Ames é un xogo con pistas que dirixen a fantásticos premios! Neste caso os premios son tanto para nenos coma adultos!!

Para participar no presente concurso só tes que ser membro da Tropa Verde Ames e acudir o sábado 1 de Xullo á Praza do Concello de Ames ás 13:15 h, podes inscribirte de maneira sinxela cunha mensaxe privada dende o Facebook ou enviando un correo electrónico a info@tropaverde.org. Para elo tes que facilitar o nome completo, número de teléfono e o correo electrónico co que estás dado de alta na Tropa Verde.

A primeira persoa que termine primeiro de descifrar as pistas e atope a tarxeta da Tropa Verde levará o cofre cheo de premios. Haberá outros dous premios para a segundo e o terceiro posto e premios entre todos os participantes.

As inscricións realizaranse dende o 19 de Xuño ata o propio día do concurso.

Haberá 3 premios:

  • primeiro premio consiste nun xogo científico de casa solar (Science4you) + cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropa Verde Ames + cheque Tropa Verde con 10 estrelas.



  • segundo premio consiste nun xogo científico de avión solar (Science4you) + cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropa Verde Ames + cheque Tropa Verde con 10 estrelas.



  • terceiro premio consiste en cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropa Verde Ames  + cheque Tropa Verde con 10 estrelas.
 
SORTE A TODOS!!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando