Como gañar estrelas da Tropaverde Ames?
O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns comprometidos.
O funcionamento da Tropaverde é moi sinxelo: cada vez que calquer cidadán deposite un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas pódeas ir acumulando na súa conta para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran como establecementos colaboradores da plataforma.
Onde podo gañar estrelas en Ames?
- Punto Limpo: rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden acercarse tódolos veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxetos e materias que non van ós colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidrio ou papel. Horario: Luns a venres de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 18:00 horas. Sábados das 9:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h
- Mini-puntos limpos Concello de Ames (Milladoiro e Bertamiráns): Pequenos puntos onde podes depositar os residuos. Se pode depositar: CDs e DVDs,cartuchos de impresora, teléfonos móbiles e cargadores, aparellos eléctricos eelectrónicos, pilas ou bombillas baixo consumo led. Enviar unha fotodepositando o residuo no mini-punto limpo ás redes sociais da Tropaverde ou ócorreo info@tropaverde.org
- Cheque con estrelas para as persoasque fagan un bo uso do servizo de recollida de de residuos voluminosos. Para iso débensedeixalos datos cando se chame o servizo de recollida para facer chegar víacorreo electrónico o cheque.
- CENOR BERTAMIRÁNS: Praza Mahía, nº 8 Baixo. Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos
- EXPERT AMES: Avenida Peregrina, nº 9 - Local 5. Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos
- MILAR MILLADOIRO: Rúa Cruxa, nº 1. Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos