Campaña da Tropa Verde para incentivar á cidadanía de Ames para que recicle máis e mellor

Tropa Verde colocou 4 carteis informativos en diferentes minipuntos limpos do Concello de Ames para dar a coñecer a iniciativa e informar aos cidadáns que RECICLAR EN AMES TEN PREMIO!

Fd11fb977d0aa11a9603db992b38630aa468b432
Tropa Verde colocou 4 carteis informativos en diferentes minipuntos limpos do Concello de Ames para dar a coñecer a iniciativa e informar aos cidadáns que RECICLAR EN AMES TEN PREMIO! Os carteis están situados 2 en Bertamiráns na avenida Mahía e os outros dous en Milladoiro na rúa Agro do Medio e o outro na rotond do Gadis.

Con estes carteis preténdese visibilizar os minipuntos limpos do Concello, o punto limpo situado no Polígono industrial Novo Milladoiro e para darlle outra vida o que tes na casa, información acerca do servizo de recollida de voluminosos.  Asemade, pódense ver tamén os números de teléfono do Punto Limpo (981536688) e da empresa FCC (981191240), encargada de proceder á recollida dos voluminosos. 

Como ser parte da comunidade Tropa Verde 

Tropa Verde axuda ao Concello de Ames incentivando os cidadáns para que reciclen máis e mellor. 

Formar parte da Tropa Verde é moi sinxelo. As persoas que queiran participar desta iniciativa teñen que darse de alta como usuarias a través da web www.tropaverde.org ou na páxina de Facebook de Tropa Verde Ames. Unha vez cumprido este trámite pasarán a formar parte desta iniciativa, polo que cada vez que leven os seus residuos ao Punto Limpo do Milladoiro, obterán un cheque cun código que deberán introducir na mesma web. Será entón cando reciban uns puntos, chamados “estrelas”, que poderán trocar por produtos e descontos no comercio e na hostalería local.

Tamén se poden conseguir puntos “estrelas” depositando residuos nos Mini-puntos limpos que están situados na avenida da Maía, en Bertamiráns, e na rúa Travesa do Milladoiro. Neste caso hai que sacar unha fotografía depositando ditos residuos nos Mini-puntos limpos de Ames e enviala ás redes sociais da Tropa Verde ou ao enderezo info@tropaverde.org. Nestes pequenos puntos pódense depositar: CDs e DVDs, cartuchos de impresora, teléfonos móbiles e cargadores, aparellos eléctricos e electrónicos, pilas ou bombillas baixo consumo led. Depositando aquí os residuos conséguese un cheque de 30 estrelas.

A terceira opción para conseguir puntos “estrelas” é chamar ao servizo de recollida de voluminosos e enseres a domicilio. Para dispor deste servizo, a cidadanía ten que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40 e deixar o voluminoso que queira reciclar xunto a un colector que estea preto da súa vivenda. Deste xeito, conséguese un cheque de 30 estrelas. Para iso débense deixar os datos cando se chame ao servizo de recollida para facer chegar, vía correo electrónico ou a través do correo postal, o devandito cheque.

Asemade, dende o Concello están estudando novas formas de poder conseguir puntos “estrelas” con outras acción de reciclaxe e tamén ampliar os premios dos que se poderán beneficiar as veciñas e veciños. A web da Tropa Verde irase actualizando segundo se incorporen colaboradores e lugares onde acadar cheques. Todos os establecementos colaboradores están identificados cun adhesivo na porta.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando