Buzoneo Tropaverde Ames

Co obxectivo de achegar Tropaverde o maior número de cidadáns posibles 

8be489ab5d90fb9b08ed37dfa56e266275281728
En Tropaverde premiamos as túas accións de reciclaxe e o noso obxectivo e achegar a nosa plataforma a toda a cidadanía para que poidan desfrutar dos agasallos e premios que ofrece o comercio local. Desta maneira todos colaboramos co aumento da calidade ambiental da nosa cidade.

Para elo, durante o mes de marzo realizaremos un buzoneo en O Milladoiro e Bertamiráns.

COMO FUNCIONA A TROPAVERDE?

  1. Leva os teus residuos aos puntos de recollida habilitados no Concello de Ames: Punto limpo de Ames, Minipuntos limpos, servizo de recollida de voluminosos a domicilio...
  2. Por cada acción que fagas, recibirás un cheque da Tropaverde cun código que deberás introducir na web (www.ames.tropaverde.org)
  3. As estrelas que consigas podes camxealas por agasallos e descontos no comercio local de Ames

AGASALLO DE 30 ESTRELAS
Os cidadáns que se rexistren na Tropaverde Ames antes do 30 de marzo recibirán 30 estrelas de agasallo, polo que xa sabes comeza dende hoxe a túa aventura verde e goza dos agasallos e premios que che ofrece o comercio local de O Milladoiro e Bertamiráns.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando