Procura do tesouro coa Tropaverde!

Quen?

Poderán participar neste concurso todos os membros da Tropaverde Ames, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org

Como?

Para participar, poden inscribirse de maneira sinxela cunha mensaxe privada dende o Facebook ou enviando un correo electrónico a info@tropaverde.org. Tamén se poderá realizar a inscripción o propio día do concurso na propia Plaza do Concello de Ames. Para elo teñen que facilitar o nome completo, número de teléfono e correo electrónico co que están dados de alta na Tropaverde.

Cando?

As inscricións realizaranse dende o 19 de Xuño do 2017 ata o propio día do concurso, que terá lugar o Sábado 1 de Xullo ás 13:15 na Praza do Concello de Ames

Premios

    O primeiro premio consiste nun xogo científico de casa solar (Science4you) + cupón Tropaverde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropaverde Ames + cheque Tropaverde con 10 estrelas

    O segundo premio consiste nun xogo científico de avión solar (Science4you) + cupón Tropaverde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropaverde Ames + cheque Tropaverde con 10 estrelas

    O terceiro premio consiste nun cupón Tropaverde cheque regalo do Gadis con 10 euros de desconto + chapa da Tropaverde Ames + cheque Tropaverde con 10 estrelas

Todos os participantes que cheguen o tesouro o día do premio, recibirán unha chapa da Tropaverde Ames.

Documentación da campaña

Patrocinadores

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando